“ACTIVIDADES DE SENSIBILIZACION, FORMACIÓN E DIVULGACIÓN, promovidas polo IGCC (Instituto Galego de Consumo e da Competencia) ano 2023
Actividade en materia de: ”SUBMINISTRACIÓN ELÉCTRICA” procedemento CO400B
Modalidad A: contido do programa Enerxía electrica
Actividades formativas, encamiñadas a identificar, esclarecer e coñecer os dereitos como usuarios do sector eléctrico e os datos esenciais que conforman a factura de consumo eléctrico como pode ser:
- Datos do subministrador e do distribuidor, entendendo que poden ser empresas con distintas formas de contratación
- Todos os datos relacionados cos consumos eléctricos
- Datos económicos que se ven implicados no importe final da factura segundo o modelo oficinal para PVPC; Mercado Libre e mercado regulado; datos relacionados co custo económico da subministración de enerxía eléctrica que se aplican en cada facturación
- consumidor vulnerable: bono social e outras medidas de protección, requisitos, tramitación e cómo afecta a facturación
- Protección do consumidor: cómo reclamar
Actividade en materia de: “COMERCIO ELECTRÓNICO SEGURO”
Modalidad B: contido do programa Comercio electrónico seguro
Desenvolvemento e impartición de actividades formativas encamiñadas a identificar, esclarecer e coñecer os dereitos como usuarios cando se leva a cabo unha compra por internet, e prácticas que se deben levar a cabo cando se quere usar o correo electrónico dun xeito seguro e eficiente.
1.- Aspectos para ter en conta antes de contratar:
Posta a punto dos dispositivos: recomendaciones de seguridad básicas, configuración da rede; Identificación das tendas en liña de confianza.
Comprobación da información legal do comerciante; identificar o titular/responsable do comercio; comprobar que se trata de comunicación seguras; selos de confianza.
Detección de fraudes. Phishing; carding; páxinas de venta en liña falsas; estafas a través do correo electrónico; servizos de compravenda ou de venda de segunda man.
2.- Aspectos que hai que ter en conta se decides comprar:
Xustificación da contratación e execución do contrato; medios de pagamento para compras en liña: envío de cartos en efectivo, contra reembolso, transferencia bancaria, pagamento con tarxeta, pagamentos a través de intermediarios; configuración de contas de usuario, contrasinais seguras, activar dobre verificación, recuperación de contas, cando gardar información dos métodos de pago.
3.- Aspectos que hai que ter en conta de despois de comprar:
Dereitos de desistencia; Garantías e servicios posvenda; gastos de envío e devolución; dereitos sobre os datos persoais (dereito de acceso, dereito de rectificación, dereito de cancelación); Deber de secreto e publicación de datos; Cómo reclamar.
Destinatarios: Consumidores e usuarios en xeral
Medios técnicos e recursos materiais: ordenador portátil con proxector. Material divulgativo
Recursos humanos: Abogadas, Técnicas en Consumo
Actividade en materia de: ”SOBREENDEBEDAMENTO”, procedemento CO400C
Contido do programa na materia de SOBREENDEBEDAMENTO
- Desenvolvemento e impartición de actividades formativas en materia de sobreendebedamento das familias e que faciliten e axuden as familias a manter as súas finanzas en orden, controlando os seus gastos, administrando eficientemente o seu orzamento, avaliando e identificando a capacidade de gasto, co fin de que adquiran os coñecementos suficientes que lles permitan tomar decisión que redunden nunha situación financeira segura e satisfactoria para a persoa consumidora.
- Orzamento familiar e capacidade de endeudamento
- Contas bancarias e comisión bancarias
- Tarxetas revolving e préstamos rápidos
- Préstamos hipotecarios
- Contratación de Servizos financeiros por internet
- Cómo reclamar
Destinatarios: Consumidores e usuarios en xeral
Medios técnicos e recursos materiais: ordenador portátil con proxector. Material divulgativo
Recursos humanos: Abogadas, Técnicas en Consumo